Actualidade municipal

Material escolar

Aberto o período de solicitude das axudas municipais para adquisición de material escolar

O Concello de Mondariz, a través dos servizos sociais comunitarios, convoca unha axuda económica para a adquisición de material escolar dirixida a familias con fillos/as en idade escolar (educación infantil, educación primaria e educación secundaria obligatoria). 

Trátase dunha contía única de 50 € por alumno/a que ten por obxecto paliar o esforzo económico que supón a escolarización dos menores para as familias con escasos recursos do Concello de Mondariz. Establécense, porén, unha serie de requerimentos.

Requerimentos

1. A unidade familiar debe estar empadroada no Concello de Mondariz.

2. Os menores receptores da axuda deben cursar estudos no CPI de Mondariz.

3. A unidade familiar, en función dos seus membros, non debe superar os seguintes niveis de ingresos netos globais (sen ter en conta o alugueiro da vivenda ou a amortización da mesma cando esta cantidade non exceda os 300 €/mes).

  • Unidade familiar de 2 membros: 10.135,86 €/ano ou 723,99 €/mes.
  • Unidade familiar de 3 membros: 11.502,68 €/ano ou 821,62 €/mes.
  • Unidade familiar de 4 membros: 12.641,3 €/ano ou 902,95 €/mes.
  • Unidade familiar de 5 membros: 13.783,97 €/ano ou 984,57 €/mes.
  • Unidade familiar de 6 membros: 14.918,96 €/ano ou 1.065,64 €/mes.

Presentación de solicitudes

O prazo de solicitude destas axudas para a adquisición de material escolar está aberto desde o 22 de xuño até o 16 de xullo de 2021.

Para obter máis información sobre a documentación requerida e proceder á presentación de solicitudes, hai que contactar cos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Mondariz a través de teléfono ou correo electrónico.

Comparte

Compartir en facebook
Facebook
Compartir en twitter
Twitter
Compartir en linkedin
LinkedIn
Compartir en email
Email
Compartir en whatsapp
WhatsApp
Compartir en telegram
Telegram