O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) publica no seu número de hoxe o anuncio de licitación para concesión demanial da utilización privativa do quiosco sito na praia fluvial do Ceo, en Mondariz. As persoas interesadas dispoñen de 15 días naturais a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no BOPPO –até as 23:59 do día 6 de xullo de 2021, segundo consta nos detalles da licitación– para presentar as súas proposicións.
O Prego de Cláusulas Administrativas Particulares, no que se describen os detalles da licitación, está dispoñible para consulta pública na plataforma de contratación do sector público, baixo o expediente 625/2021.