Portada » Descobre Mondariz » Somos Patrimonio » Igrexa de Santa Baia de Mondariz

Igrexa de Santa Baia de Mondariz

Estamos diante dun edificio que supera en deseño, tamaño e riqueza ornamental ao prototipo de templo parroquial. Foi construída no ano 1711 e presenta planta en forma de cruz latina. No interior destaca a bóveda de cruzaría que decora a nave principal, dividida en tramos mediante arcos faixóns. As cubertas das capelas laterais é mediante bóvedas de canón, ao igual que o da ábsida, aínda que esta última aparece decorado dun casetonado.

No interior garda tres retablos de estilo neoclásico e un gótico, destacando o que se levanta no altar maior, de estilo barroco e dotado de grande dinamismo, tallado no ano 1774. Este, aparece presidido polo escudo dos Marqueses de Mos que ostentaron o beneficio de presentación desta parroquia. Pagou a obra a comunidade relixiosa e o abade da parroquia; o autor foi o pintor Rodrigo Rouco y San Román, veciño de Lavadores.

Na capela do lado dereito existe un sartego medieval datado no ano 1115 que acolle os restos mortais de Eusebio, o primeiro abade da parroquia. O sepulcro, labrado en granito, aparece cuberto por unha tapa de dobre estola.

Scroll al inicio