Portada » Actualidade » Concello e Deputación de Pontevedra analizan proxectos en estradas provinciais considerados prioritarios para o Concello de Mondariz

Concello e Deputación de Pontevedra analizan proxectos en estradas provinciais considerados prioritarios para o Concello de Mondariz

O alcalde de Mondariz, Xoan Carlos Montes, reuníuse coa deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo para presentarlle as necesidades do Goberno local en canto ás estradas provinciais que atravesan o termo municipal. Na xuntanza, a deputada comprometeuse a analizar as demandas marcadas polo alcalde para poder darlle un impulso a proxectos que, nalgúns casos, veñen xa do 2017.

No encontro, ambos dirixentes analizaron a situación da actuación a desenvolver na estrada provincial EP-4306 que une Ponte do Val e Barciademera. Este é un proxecto iniciado no ano 2017, que o concello de Mondariz considera prioritario e, sen embargo, leva anos sen ter a cesión dos terreos completada para poder dar o seguinte paso no expediente.

Ademais da EP-4306, Couselo e Montes tamén analizaron o proxecto de creación dunha senda peonil na estrada EP-4401 que une Mondariz-Balneario e Forzara. Neste caso, ao igual que o anterior, o Goberno Local anterior non puxo a disposición os terreos o que impide poder avanzar na posta en marcha da senda.

«Dende o grupo de goberno traballaremos para manter relacións fluídas con todas as administracións públicas e entidades privadas co obxectivo de chegar a acordos que melloren o día a día das persoas», sinal Calis Montes, ao tempo que amosa a súa satisfacción polo interese amosado pola deputada provincial.

Scroll al inicio