O Concello de Mondariz informa que está aberto o prazo de inscrición para a actividade de estimulación cognitiva e calceta Mond´actívate 2024.
Segundo explica a concelleira de Servizos Sociais, María José Álvarez, está dirixida a persoas maiores de 60 anos co obxectivo de ofrecer actividades de lecer saudables para o corpo e para a mente axeitadas tamén a cada rango de idade. A calceta require ritmo e axilidade mental á vez que manteñen activas as mans e así realizáse un exercizo mental e tamén de coordinación e motricidade.
Cada luns a partir do 18 de marzo as persoas participantes reuniránse de 10:30 a 11:30 na biblioteca pública municipal. A actividade constará de dez sesións de estimulación cognitiva e dez sesións de calceta creativa.
O número de teléfono para inscribirse neste obradoiro gratuíto é o 986 65 60 58. As persoas interesadas tamén dispoñen dun enderezo electrónico para inscribirse, marcia.counago@mondariz.gal ou en persoa nas oficinas de servizos sociais do Concello.
Esta actividade está organizada polo Centro de Día de Mondariz, pertencente á Rede de Centros de Maiores da Xunta de Galicia, en colaboración co Concello.