Portada » Actualidade » Mondariz celebra o Mes do Libro con actividades para tódolos públicos

Mondariz celebra o Mes do Libro con actividades para tódolos públicos

O Concello de Mondariz convida a participar nas actividades organizadas dentro do programa “Abril mes do libro”. Con motivo do Día do Libro, o 23 de abril, o Concello de Mondariz programa varias actividades repartidas en distintos días para celebrar esta significativa data.

Este domingo día 21 ás 18.30 horas os xardíns do Concello acollerán unha actividade para tódolos públicos cun conto musicado “O Desencantamento”, unha actividade incluída no programa Ler Conta Moito.

O venres día 26 de abril ás 20 horas é o turno da charla que ofrecerá Armando Requeixo sobre a figura de Luisa Villalta acompañado da actuación musical da violinista Jennifer Gómez e organizada pola Asociación Ecocultural Búrvida na biblioteca pública municipal.

Do 23 ao 30 de abril a biblioteca sacará os seus libros á rúa e colocará diferentes postos na contorna do Concello e na da praza de abastos. Nestes postos poderemos gozar da boa lectura dos libros doados por particulares.


O martes 31 ás 20:30 horas será a presentación do libro “A cesta de mazás” de Alexandro Bouzó aberta a tódolos públicos na biblioteca municipal.

A alcaldesa en funcións e concelleira de Cultura, Elena Naveira, convida a todas as persoas a asistir a estes actos pensados para promover a lectura, pór en valor a escrita e ofrecer actividades para tódolos públicos.

Scroll al inicio