O Concello de Mondariz informa que no mes de abril se incorpora a titular do servizo de pediatría ao centro de saúde local. O goberno de Mondariz, a través da concelleira de Servizos Sociais, María José Álvarez amosa a súa satisfacción e alégrase de que “por fin a cidadanía teña que deixar de reivindicar un servizo público indispensable e deixe de ser unha preocupación e un trastorno para as famiias con fillas e fillos menores de 14 anos”.
A concelleira de Servizos Sociais lamenta que dende o mes de novembro as familias tiveran que reclamar un servizo que lles pertence. A propia concelleira explica que ante a falta de información oficial sobre a praza de pediatría víuse na obriga de enviar varios escritos á Conselleria de Sanidade solicitando coñecer as intencións e prazos para cubrir a praza de pediatría do centro de saúde de Mondariz dun xeito estable.Tamén lamenta que non ter recibido resposta algunha ao longo deste tempo.
A partir do día 1 de abril a pediatra titular estará no centro de saúde nas mañás dos luns, martes, xoves e venres. “A súa chegada evitará moitos desprazamentos ás urxencias do hospital Álvaro Cunqueiro, centro ao que eran derivadas as familias en todos estes meses nos que non había pediatra no noso centro de saúde. Alegrámonos de que fosen escoitadas as súas e as nosas demandas sendo convocada a praza de Mondariz nas de de difícil cobertura”.
“Coa saúde non se xoga e moito menos coa das nenas e nenos. A incertidume destes meses e os longos desprazamentos ao hospital provocaban moito malestar entre a veciñanza de Mondariz que vían como se complicaba aínda máis a conciliación familiar laboral, ademais de supor un agravio comparativo hacia as persoas que habitan no rural”, sinala a concelleira.
Por último, quere recordarlle á Consellería de Sanidade que a saúde é cousa de todas e de todos e non só dun grupo polo que a información oficial debe trasladarse a través de medios oficiais que cheguen a todas as persoas.