O Concello de Mondariz aproveitou novamente as oportunidades de financiamento europeo para tramitar unha axuda no marco do Programa Operativo FEDER de Crecemento Sostible 2014-2020, que favorece o paso a una economía baixa en carbono, co que levar a cabo un proxecto de aforro e eficiencia enerxética nas parroquias de Riofrío, Vilar e Frades.
Con esta subvención o concello levou acabo a renovación do alumeado público exterior nestas tres parroquias do municipio de Mondariz, situado na provincia de Pontevedra, comunidade autónoma de Galicia, actuando en 600 dos 2.741 puntos de luz existentes, substituíndo as actuais luminarias por luminarias LED máis eficientes. Con esta actuación diminuirase a potencia nos puntos de luz, obxectivo da actuación, de 54,50 kW a 20,87 kW e conseguirase un aforro enerxético estimado do 74,37%.
O custo total desta actuación ascendeu a 337.196,17€. Dos cales, 269.756,93€ (o 80% do custo total da actuación) estiveron cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo de Crecemento Sostible 2014-2020, dentro do obxectivo temático 4 (Economía Baixa en Carbono), sendo o obxectivo específico nos que se enmarca a operación a eficiencia enerxética na edificación e nas infraestructuras e servizos públicos.
Este proxecto de aforro e eficiencia enerxética nas parroquias de Riofrío, Vilar e Frades foi presentado diante do Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE), dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxia e o Reto Demográfico do Goberno de España, no ano 2020. Foi aprobado no primeiro trimestre de 2021, e executado dentro dos prazos estipulados para a súa correcta xustificación.