Actualidade municipal

Rehabilitación enerxética da casa consistorial do Concello de Mondariz

O Concello de Mondariz voltou aproveitar as oportunidades de financiamento europeo do período 2014-2020 para levar a cabo un proxecto de rehabilitación enerxética da casa consistorial do Concello de Mondariz.

Este proxecto de rehabilitación enerxética tiña como principal obxectivo diminuír a demanda enerxética actual do edificio consistorial. tanto no envolvemento térmico como na eficiencia térmica das instalacións. Para tal fin, mudáronse as xanelas e realizáronse cerramentos de ocos da fachada, para así, unha vez finalizadas a actuación a cualificación enerxética do edificio pasou dunha valoración G a unha Ediminuíndo as emisións de CO2 de 22,2 kgCO2/m2 a 20,8 kgCO2/m2 o ano.

O custo total desta deste actuación ascendeu a 132.415,70 €. Dos que 105.932,56 € (un 80% do importe) estivo cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo de crecemento sustentable 2014-2020, dentro do obxectivo temático 4 (economía baixa en carbono). O restante, un 20% de cofinanciamento con recursos propios (26.483,14 €) veu do Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra.

Este proxecto de rehabilitación enerxética da casa consistorial do Concello de Mondariz foi presentado diante do Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE), dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico do Goberno de España, no ano 2020. Foi aprobado no primeiro trimestre de 2021, e executado dentro dos prazos estipulados para a súa correcta xustificación.

Cofinanciado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)

Comparte

Compartir en facebook
Facebook
Compartir en twitter
Twitter
Compartir en linkedin
LinkedIn
Compartir en email
Email
Compartir en whatsapp
WhatsApp
Compartir en telegram
Telegram