A Asociación Española Contra o Cancro e o Concello de Mondariz colaboran para ofrecer formación e información para unha vida máis saudable e previr posibles doenzas. A partir do luns día 6 de maio un grupo de persoas recibirán asesoramento para abandonar o consumo de tabaco.
Ao longo de nove sesións as e os profesionais da Asociación Española contra o Cancro guiarán ás persoas participantes para que consigan deshabituarse. Na biblioteca municipal de Mondariz obterán axuda e adquirirán hábitos de vida máis saudables.
Todas as persoas interesadas poden inscribirse no número de teléfono 986 656 058 ou de xeito presencial nas oficinas do Concello.
Os servizos gratuítos de deshabituación tabáquica da Asociación Española Contra o Cancro son programas para deixar de fumar pensados para acompañarte no proceso de deixar de fumar a través dun programa de axuda específica e personalizada para facer fronte ao proceso de abandono do tabaco.