Portada » Actualidade » A Copa de España de Pumptrack desputase na pista de Mondariz

A Copa de España de Pumptrack desputase na pista de Mondariz

O goberno de Mondariz convida a participar na proba da Copa de España Pumptrack Mondariz-III Pumptrack nocturno Mondariz que terá lugar mañá día 22 na recentemente estreada área de deportes urbanos de Mondariz, que foi inaugurada este mércores coa asistencia do presidente da Deputación de Pontevedra que investiu máis de medio millón de euros nesta iniciativa.

Mondariz posiciónase como unha vila atractiva para as modalidades deportivas urbanas e acada un oco nas competicións máis relevantes do calendario como o é a Copa de España de Pump Track.

O alcalde de Mondariz, Calis Montes, salienta a importancia da celebración desta proba na vila xa que traerá a especialista de España nesta modalidade. “Ao atractivo do noso patrimonio histórico e natural súmase agora unhas instalacións deportivas à altura das mellores de España sendo seleccionadas para a organización de probas do nivel máis alto. Centos de persoas achegaranse mañá a Mondariz para desfrutar do espectáculo pero tamén do seu tempo de lecer en Mondariz”.

Máis de 150 participantes competirán dende as seis da tarde en todas as categorías dende alevín a sub-23 pasando por máster 60 e promesa, entre outras categorías femininas e masculinas.

Scroll al inicio