O Concello de Mondariz organiza por primeira vez para os meses de xullo e agosto, un programa de actividades de aventura que se desenvolverá na Praia Fluvial do Val e a súa contorna. Este programa está dirixido a rapaces e rapazas de entre 12 a 16 anos.
O obxectivo do “Concilia Xove 2024” é que a mocidade de Mondariz goce do seu tempo de lecer dunha forma diferente á habitual durante as vacacións de verán, coñecendo novas amizades, descubrindo deportes refrescantes e aprendendo sobre a riqueza natural do entorno.
As actividades son moi variadas:
Kaiak activo: actividades acuáticas con kaiak, paddle, pelotas e outros materiais.
Ximcana de probas variadas.
Orientación.
Recoñecemento de rastro e pegadas.
Limpeza do río en Kaiak
Acampada nocturna (BUSHCRAFT: supervivencia)
O horario no que se desenvolverá o Concilia Xove 2024 será os martes e xoves de 10.30 a 13.30 horas, a excepción das acampadas (Bushcraft), que terán un horario de entrada ás 20.00 horas e saída as 13.30 horas.
A actividade comezará o día 2 de xullo e rematará o 29 de agosto e as prazas son limitadas. O prazo de inscrición comezará ás 00.00 horas do xoves 13 de xuño e rematará ás 14.00 horas do martes 26 de xuño.
As inscricións poderán presentarse presencialmente no Rexistro Xeral do Concello de Mondariz en horario de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas, ou vía sede electrónica a través do formulario específico da denominado “Inscrición Concilia Xove 2024”, adxuntando a documentación correspondente.
Se queres consultar as bases podes facelo desde hoxe entrando neste enlace, tamén estará á vosa disposición a ficha de inscrición (ANEXO I).
Para máis información as persoas interesadas poden dirixirse á OMIX Mondariz de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas; nos teléfonos: 986 664 306 /680 964 461 ou no correo electrónico: