O Concello de Mondariz acada o apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia para o desenvolvemento de varias iniciativas culturais. Na reunión mantida en Santiago de Compostela, o alcalde de Mondariz, Calis Montes, e a concelleira de Cultura, Elena Naveira, trasladaron distintas iniciativas culturais ao secretario xeral, Valentín García, obtendo o seu compromiso de apoio.
En concreto, o goberno de Mondariz solicitou a Política Lingüística axuda para a vindeira edición da revista Mondaricus, para o Serán das Letras, accións de recoñecemento do escultor Francisco Asorey e para o primeiro certame de poesía.
As propostas do goberno de Mondariz resultaron do interese de Política Lingüística ao dinamizar o uso da lingua galega en distintos contextos e actividades culturais.
“Agradecemos o apoio da secretaría xeral de Política Lingüística para que coa súa achega poidamos ofrecer actividades de culturais e de lecer de calidade e para tódolos públicos”, explica Elena Naveira.
Pola súa parte, o alcalde adianta que seguirá mantendo reunións coas distintas institucións e administracións ás que presentará as necesidades, demandas e proxectos de Mondariz co obxectivo de establecer vías de colaboración e cooperación que redunden na mellora do día a día das persoas.