Portada » Actualidade » Mondariz abre o prazo para a concesión do quiosco da praia do Ceo

Mondariz abre o prazo para a concesión do quiosco da praia do Ceo

O Concello de Mondariz informa que abre o prazo para a concesión demanial para a utilización privativa do quiosco sito na praia fluvial de O Ceo. A concesión demanial habilita a unha persoa ou entidade a facer un uso ou aproveitamento privativo dun ben ou dereito de dominio público de forma temporal, neste caso o Concello outorgará a concesión por cinco anos podendo ser prorrogada por outros dous anos máis.

O canon de concesión establécese en 1.200,00 euros/anuais e todas as persoas interesadas en participar deberán facelo antes do 6 de xuño, data de remate de presentación de propostas. O quiosco da praia do Ceo de Mondariz, ten unha superficie aproximada de 30,00 m² e ofrece un servizo propio das áreas recreativas contribuíndo ao fomento do turismo no concello.

O contrato adxudicarase polo procedemento aberto puntuando diferentes criterios e valorando a mellor oferta calidade-prezo.

Scroll al inicio