Aberto o período de solicitude das axudas municipais para adquisición de material escolar

Material escolar

O Concello de Mondariz, a través dos servizos sociais comunitarios, convoca unha axuda económica para a adquisición de material escolar dirixida a familias con fillos/as en idade escolar (educación infantil, educación primaria e educación secundaria obligatoria).  Trátase dunha contía única de 50 € por alumno/a que ten por obxecto paliar o esforzo económico que supón … Leer más

Prepara a túa matrícula para o próximo curso da Escola Municipal de Música de Mondariz

Novo curso na Escola Municipal de Música de Mondariz

A Escola Municipal de Música de Mondariz, con sede no antigo CEIP Riofrío-Vilar (Pé do Muíño s/n, parroquia de Riofrío), abre a finais deste mes de xuño o prazo de matrícula para o curso 2021-2022. O primeiro período de inscrición estará aberto entre os días 28 de xuño e 9 de xullo de 2021. A oferta … Leer más

Mondariz recibe unha achega millonaria de fondos europeos para modernizar toda a rede municipal de alumeado público

Proxecto de eficiencia enerxética en Mondariz

O Concello de Mondariz recibiu notificación da aprobación dos tres proxectos de renovación das instalacións de alumeado, iluminación e sinalización exterior solicitados a finais do ano 2020 que faltaban por resolver. Deste xeito, todos os proxectos de aforro e eficiencia enerxética presentados ao Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) serán cofinanciados con fondos europeos … Leer más