O alcalde de Mondariz, Xoan Carlos Montes, quere compartir coa cidadanía que se incorpora este luns día 16 ao seu posto de traballo unha vez presentada a súa dimisión e a do seu equipo de goberno. O alcalde, agora en funcións, quere agradecer a toda a cidadanía a confianza depositada e a todos as e os traballadores do Concello, colectivos de Mondariz e empresas colaboradoras o traballo realizado neste ano de goberno.
Calis Montes adianta que este xoves ás 19:00 horas terá lugar o pleno extraordinario para formalizar a súa dimisión e insiste que seguirá, dende a oposición, apostando pola mellora da vila de Mondariz e do día a día das veciñas e veciños. «Renunciei por lealdade ás veciñas e veciños porque sei que ese empeño en destruir a miña figura e a do partido independente que represento ía prexudicar á cidadanía. Non podía permitir que a irresponsabilidade dos tres grupos da oposición que xogan a asfixiar políticamente a un determinado grupo limitase o avance de Mondariz»