Portada » Actualidade » Rematadas as obras de transformación da escola de Redo en centro sociocomunitario

Rematadas as obras de transformación da escola de Redo en centro sociocomunitario

O Concello de Mondariz remata a terceira fase de intervención para a transformación da antiga escola de Redo en centro sociocomunitario. Para a execución das obras adxudicadas en 262. 895,94€ o Concello contou co apoio da Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2022/2023, hoxe plan +Provincia, e co apoio do Ministerio de Transporte, Movilidad y Agenda Urbana a través do Programa de Impulso a la Rehabilitación de los Edificios Públicos para las Entidades Locales (PIREP).

Concretamente a Deputación de Pontevedra subvencionou o 24,17% do custo total, 63.542,19€, e o Ministerio concedeu un apoio económico para esta obra de 199. 354, 75€. As obras realizadas permitirán agora que as veciñas e veciños desfruten dun novo espazo no que desenvolver actividades socioculturais.

Scroll al inicio