A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) concedeulle ao Concello de Mondariz, ao abeiro da convocatoria do Plan de Mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2023-2024, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia (DOG nº 44 do 3 de marzo e 2023) unha subvención por importe de 55.076,00 €uros, para a realización dos proxectos denominados:
“MELLORA DOS ACCESOS EN FRAGA DA BARCIA (MONDARIZ) E PÉ DO MUIÑO (RIOFRÍO)”
“MELLORA DOS ACCESOS NO VIAL MUNICIPAL A CHALEIRA (RIOFRÍO) – ARNELA (FRADES)”
“ FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL: EUROPA INVISTE NO RURAL”