Portada » Actualidade » O Concello recibe o apoio de AGADER para a mellora da estrada Riofrío-Frade

O Concello recibe o apoio de AGADER para a mellora da estrada Riofrío-Frade

O Concello de Mondariz recibíu o apoio da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia para as obras de mellora da estrada municipal Costa (Riofrío-Frades). O Concello recibíu o 100% da axuda solicitada que ascende a 65.152 €. e que se encadra dentro do plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025.

O alcalde de Mondariz, Pablo Barcia, sinala a importancia desta axuda que mellora os servizos básicos ofrecidos a cidadanía do rural.  

Scroll al inicio