O concello de Mondariz presentou xunto a once establecementos de hostalaría a primeira edición de Mondarincho unha proposta gastronómica que conquistará ás e aos comensais co petiscos a un prezo reducido de 2,5€.
Esta primeira edición, que nace para quedarse, servirá suculentas propostas cada venres e sábado de 20:00 a 22:30 horas do día 6 ao 28 de setembro.
Arepas recheas (Chiringuito O Ceo), Pulpo pica-pica (O Ribeiro), Bombas de queixo e chourizo (La Mangette), Paniturco (O Castelo), Empanadilla de secreto ibérico con salsa criolla (O Refuxio), Rabo de tenreira estofado (Casa Couto), Carrilleras con patacas (O Sevilla), Hamburguesa con rúcula, cherris, tetilla e marmelada de pemento (A Baiuca), Peituga de polo con salsa á pementa (Aval), Tosta de mexilón (A Mini), Xamón asado en salsa con cebola crocante e queixo fundido sobre pan brando (Milay) son as propostas culinarias co que a hostalaría de Mondariz, tanto do centro urbano como das parroquias, ofrecerá dun xeito asequible para chegar a todos os petos.
As persoas que se acheguen a degustar os pinchos do Mondarincho contarán cun carné no que selar as súas consumicións, tendo dereito a participar no sorteos de agasallos por cada catro selos conseguidos.
Dezaseis prémios que se sortearán unha vez remate esta primeira edición e que van dende vales de consumicións a lotes de produtos, bonos de noites de hotel e ceas en locais non só da hostalaría de Mondariz tamén do resto da comarca Condado Paradanta xa que esta iniciativa conta co apoio do GDR Terra e Auga. “O obxectivo é dinamizar social e economicamente non só o noso concello tamén a comarca porque xuntos somos máis fortes e establecemos alianzas máis frutíferas que promoven circuitos nos que a cidadania e o turismo poida atopar todo o que precise”, explica o alcalde, Calis Montes.
O público participante tamén poderá votar o mellor pincho e así destacar o traballo realizado polos locais de hostalaría participante. Deste xeito, o Concello de Mondariz quere visibilizar o bo facer da súa hostalaría e reforza o final da tempada alta de verán.