Portada » Actualidade » Mondariz ofrece la actividad “Concilia Semana Santa” íntegramente en cubo

Mondariz ofrece la actividad “Concilia Semana Santa” íntegramente en cubo

Ofrecer actividades creativas que contribúan a xerar un tempo de lecer de calidade e dar apoio ás familias en periodos non lectivos son os obxectivos da actividade “Concilia Semana Santa” organizada polo Concello de Mondariz.

Segundo adianta a concelleira de Servizos Sociais, María José Álvarez, o prazo de inscrición abrirase o vindeiro venres 1 de marzo e non terá ningún custo para as familias que, grazas a esta iniciativa, poderán ter un recurso que facilite a conciliación familiar e laboral.

“Concilia Semana Santa” desenvolverase os días 25, 26 e 27 de marzo e o día 1 de abril de 9 a 14 horas na biblioteca pública municipal. O Concello valora a posibilidade de ampliar o horario con servizo de garda de existir demanda xustificada. “Concilia Semana Santa está aberto a cativas e cativos de entre 3 e 12 anos, ambos incluídos, empadroados no Concello de Mondariz. O prazo de inscrición remata o 15 marzo

“Traballamos para mellorar o día a día da nosa veciñanza con servizos públicos de calidade que se axeiten ao ritmo de vida e acompañen ás familias na medida das nosas competencias e posibilidades”, sinala M.ª José Álvarez.

As familias interesadas en participar deberán inscribirse na OMIX de Mondariz. Para obter máis información poderán contactar co número de teléfono da OMIX, 986 664 306 ou 680 964 461. Tamén poderán solicitar información a través do enderezo electrónico omix@mondariz.gal.

A concelleira de Servizos Sociais solicita a colaboración das familias para facer un uso responsble dos recursos e servizos públicos apelando ao sentido da responsabilidade e pregando que as persoas que se inscriban e finalmente non asistan o comuniquen ao Concello para poder beneficiar a outras/os solcitantes.

Esta actividade desenvolverase a través do programa Corresponsables da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e conta co apoio do Ministerio de Igualdade do Goberno do Estado.

Scroll al inicio