Actualidade municipal

Realizadas varias actuacións na rede municipal de abastemento de auga, dentro do plan de emerxencia fronte á seca da Deputación de Pontevedra

O Concello de Mondariz realizou varias actuacións na súa rede municipal de abastecemento de auga grazas a subvencións da Deputación de Pontevedra, dentro do seu plan de emerxencia fronte á seca.

Estas actuacións tiveron lugar nas parroquias de Vilar, Riofrío e Lougares. En Vilar e Riofrío realizáronse dúas captacións de emerxencia con pozos de barrena, mentres que no barrio do Couto (Lougares) encheuse un depósito de auga mediante cisternas.

 

Comparte

Compartir en facebook
Facebook
Compartir en twitter
Twitter
Compartir en linkedin
LinkedIn
Compartir en email
Email
Compartir en whatsapp
WhatsApp
Compartir en telegram
Telegram