Actualidade municipal

Rehabilitación enerxética da Escola Municipal de Música de Mondariz

Rehabilitación enerxética da Escola Municipal de Música de Mondariz

O Concello de Mondariz aproveitou as oportunidades de financiamento europeo do período 2014-2020 para emprender un proxecto de rehabilitación enerxética da Escola Municipal de Música de Mondariz, un edificio público situado na parroquia de Riofrío (Pé de Muíño s/n) que fora construído en 1970 para servir como centro de ensino e presentaba diversas deficiencias enerxéticas.

O proxecto de rehabilitación enerxética da Escola Municipal de Música de Mondariz tiña por obxecto diminuír a demanda enerxética actual do edificio mediante a rehabilitación enerxética da cuberta e dos ocos da fachada. Para tal fin, mellorouse o illamento da cuberta e substituíuse a carpintería metálica. Unha vez executadas al obras, a cualificación enerxética do edificio pasou de B a A. Segundo a previsión técnica, as emisións de CO2 diminuíron de 5,8 kgCO2/m2 a 4,4 kgCO2/m2

Este investimento ascendeu a 176.661,25 €. Un 80% do importe (141.329,00 €) estivo cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo de crecemento sustentable 2014-2020, dentro do obxectivo temático 4 (economía baixa en carbono). O 20% de cofinanciamento con recursos propios (35.332,25 €) veu do Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra.

Este proxecto de rehabilitación enerxética da Escola Municipal de Música de Mondariz foi presentado diante do Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE), dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico do Goberno de España, no ano 2020. Foi aprobado no primeiro trimestre de 2021, e executado dentro dos prazos estipulados para a súa correcta xustificación.

Cofinanciado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)

"Outra maneira de facer Europa"

Comparte

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on email
Email
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on telegram
Telegram