Actualidade municipal

Servizo de Atención Temperá en Mondariz

O Concello de Mondariz ten un SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ EN FUNCIONAMENTO para nenos e nenas de 0 a 6 anos de idade que sexan derivados polo servizo de Pediatría do centro de saúde correspondente.
 
A unidade de atención temperá está composta por tres profesionais e dá servizo en cinco concellos do Condado-Paradanta (A Cañiza, Melón, Mondariz, Mondariz-Balneario e Covelo). Para persoas usuarias dos concellos de Mondariz e Mondariz-Balneario, o servizo préstase no primeiro andar do CENTRO SOCIAL DE MONDARIZ, os luns e martes de cada semana.

Que é a atención temperá?

É un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu contorno.

Ten por obxectivo dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.

Que son os trastornos do desenvolvemento?

Son situacións nas que, como consecuencia dunha alteración das estruturas ou funcións corporais, de restricións na participación social ou a causa de factores do contorno, se produce unha desviación ou atraso significativo no desenvolvemento das capacidades, adquisicións e recursos persoais típicos nos nenos e nenas. É o servizo de Pediatría do centro de saúde correspondente o que debe determinar a existencia de trastornos do desenvolvemento ou risco de padecelos.

Máis información

Comparte

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on email
Email
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on telegram
Telegram