O Concello de Mondariz, a través do servizo de Orientación Laboral, colabora con Red Araña na organización de dous cursos gratuítos para persoas desempregadas no mes de xuño.
O primeiro dos cursos, dirixido a persoas desempregadas maiores de 18 anos, preséntase co nome Aulas TIC e ofrece unha capacitación básica en novas tecnologias da información e a comunicación (TIC) orientada á procura de emprego. Está programado para a semana do 7 ao 11 de xuño. O período de inscrición estará aberto entre o 14 e o 31 de maio.
O segundo dos cursos, dirixido a persoas desempregadas con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos, ofrecerá formación sobre actividades de venda e atención ao cliente. Está programado para o período do 21 ao 29 de xuño. Poderase solicitar praza desde o 25 de maio até o 11 de xuño.
Ambos cursos terán lugar nas aulas de informática da Escola Municipal de Música de Mondariz (Pé do Muíño s/n, parroquia de Riofrío) en xornada intensiva de 9:30-13:30 horas.
Información e inscrición
- orientacion@mondariz.gal
- 986 656 058
- 680 964 461