Portada » Actualidade » Solicita praza para o Campaverán 2021

Solicita praza para o Campaverán 2021

O proceso de solicitude de praza para o Campaverán 2021 xa está en marcha.

Entre o 2 e o 22 de xuño, as familias con fillos e fillas de 3 a 12 anos de idade que estean interesadas nesta actividade de conciliación laboral, familiar e persoal poden contactar coa Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) para presentar a súa solicitude, que estará condicionada á xustificación documental dos requerimentos que figuran nas bases desta actividade, publicadas para consulta pública no Taboleiro de Anuncios da Sede Electrónica do Concello de Mondariz.

Datas sinaladas

Día 2 de xuño: comeza o período de solicitude de praza para o Campaverán 2021.

Día 22 de xuño: remata o período de solicitude de praza para o Campaverán 2021.

Día 23 de xuño: publícase a listaxe de persoas admitidas, xunto cunha listaxe de agarda, no Portal de Transparencia da Sede Electrónica do Concello de Mondariz.

Día 24 de xuño: comeza o prazo para confirmar praza, co pagamento do prezo público correspondente.

Día 28 de xuño: remata o prazo para confirmar praza, co pagamento do prezo público correspondente.

Día 30 de xuño: reunión informativa de asistencia obrigatoria con nais/pais/titores/ titoras dos menores admitidos no Campaverán 2021.

Día 1 de xullo: comezan as actividades do Campaverán 2021 no recinto municipal de Pé de Muíño s/n, parroquia de Riofrío.

Día 30 de agosto: rematan as actividades do Campaverán 2021 no recinto municipal de Pé de Muíño s/n, parroquia de Riofrío.

Información e presentación de solicitudes

  • Praza de Merouces 16, 36870 Mondariz
  • De luns a venres, 09:00 – 14:00 horas
  • omix@mondariz.gal
  • 986 664 306
  • 680 964 461
Scroll al inicio