Portada » Actualidade » Mondariz recibe unha achega millonaria de fondos europeos para modernizar toda a rede municipal de alumeado público
Proxecto de eficiencia enerxética en Mondariz

Mondariz recibe unha achega millonaria de fondos europeos para modernizar toda a rede municipal de alumeado público

O Concello de Mondariz recibiu notificación da aprobación dos tres proxectos de renovación das instalacións de alumeado, iluminación e sinalización exterior solicitados a finais do ano 2020 que faltaban por resolver. Deste xeito, todos os proxectos de aforro e eficiencia enerxética presentados ao Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) serán cofinanciados con fondos europeos correspondentes ao período 2014-2020.

Achega millonaria de fondos europeos

Dentro do programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, os proxectos aprobados son cofinanciados pola Unión Europea nun 80%. Porén, a achega de fondos europeos para modernizar a rede municipal de alumeado público con luminarias LED e novos cadros eléctricos superará o 1.000.000 €

  • Proxecto 1: cofinanciado con 272.540,78 €
  • Proxecto 2: cofinanciado con 269,756,94 €
  • Proxecto 3: cofinanciado con 271.975,42 €
  • Proxecto 4: cofinanciado con 272.540,78 € 

O máis salientable deste investimento municipal é que aumentará a eficiencia enerxética e permitirá unha drástica reducion da factura eléctrica municipal, que actualmente roza os 200.000 € anuais. Unha vez implementados os proxectos na rede de alumeado público, o aforro superará o 70%. Malia que supón un gran investimento inicial por parte do Concello de Mondariz, este aforro na factura eléctrica municipal o compensará rapidamente. Non hai dúbidas sobre o carácter estratéxico dun investimento destas características e nunhas condicións de cofinanciación tan vantaxosas.

Máis proxectos de eficiencia enerxética con fondos europeos en Mondariz

A estes catro proxectos para modernizar a rede municipal de alumeado público en todo o territorio súmanse outros xa aprobados durante o último ano para realizar rehabilitacións enerxéticas de edificios públicos.

  • Rehabilitación enerxética da Casa Consistorial de Mondariz: proxecto tramitado directamente polo Concello de Mondariz e cofinanciado con 105.932 €
  • Rehabilitación enerxética da Escola Municipal de Música de Mondariz: proxecto tramitado directamente polo Concello de Mondariz e cofinanciado con 141.329 €
  • Rehabilitación enerxética da antiga escola unitaria de Valiño, na ELM de Vilasobroso: proxecto tramitado pola propia ELM de Vilasobroso a través da mediación da Deputación de Pontevedra e cofinanciado con 302.647 €
Scroll al inicio