A Escola Municipal de Música de Mondariz, con sede no antigo CEIP Riofrío-Vilar (Pé do Muíño s/n, parroquia de Riofrío), abre a finais deste mes de xuño o prazo de matrícula para o curso 2021-2022. O primeiro período de inscrición estará aberto entre os días 28 de xuño e 9 de xullo de 2021.
A oferta formativa do vindeiro curso académico amplíase aínda máis, coa introducción da materia colectiva de musicoterapia e a especialidade instrumental de ukelele.
Os prezos públicos están regulados pola Ordenanza municipal publicada no BOPPO número 172, de 7 de setembro de 2020. Neste documento aparece toda a información sobre os custos das diversas actividades formativas, os posibles descontos e as modalidades de pagamento dispoñibles.
O equipo docente da Escola Municipal de Música de Mondariz está altamente cualificado e ofrece orientación personalizada ao alumnado que desexe profesionalizarse no ámbito musical. A formación que se ofrece no centro non só está concebida como actividade extraescolar para mozos e mozas a partir de 3 anos, senón que tamén supón unha oportunidade de aprendizaxe e descubrimento de talentos persoais para persoas adultas.
Itinerarios formativos
- Curso completo básico
- Preparación de grao profesional
- Iniciación ao piano
- Especialidade instrumental
- Actividades colectivas instrumentais
- Actividades colectivas especiais
Especialidades instrumentais
- Gaita
- Guitarra
- Ukelele
- Piano
- Percusión
- Vento-madeira
- Vento-metal
Actividades colectivas
- Música e movemento para nenos e nenas de 3-5 anos
- Iniciación musical para nenos e nenas de 6 anos
- Coro
- Orquestra
- Grupo rock
- Grupo folk
- Pandereteiras
- Percusión africana
- Musicoterapia
Solicitude de matrícula
- Pé do Muíño s/n, 36874 Riofrío, Mondariz
- De luns a venres, 10:00 – 14:00 horas
- esmu@mondariz.gal
- +34 986 656 573