Portada » Actualidade » Proxecto de aforro e eficiencia enerxética na parroquia de Mondariz

Proxecto de aforro e eficiencia enerxética na parroquia de Mondariz

Cartel do proxecto de aforro e eficiencia enerxética en Vilasobroso, Mouriscados e Meirol

O Concello de Mondariz aproveitou novamente as oportunidades de financiamento europeo para tramitar unha axuda no marco do Programa Operativo FEDER de Crecemento Sostible 2014-2020, que favorece o paso a una economía baixa en carbono, co que levar a cabo un proxecto de aforro e eficiencia enerxética na parroquia de Mondariz.

Con esta subvención o concello levou acabo a renovación do alumeado público exterior nesta parroquia, no municipio de Mondariz, situado na provincia de Pontevedra, comunidade autónoma de Galicia, substituíndo as lumindarias por unhas luminarias LED máis eficientes. Con esta actuación diminuirase a potencia nos puntos de luz, obxectivo da actuación e conseguirase un importante aforro enerxético que redundará en beneficio do propio Concello.

Este proxecto de aforro e eficiencia enerxética na parroquia de Mondariz, foi presentado diante do Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE), dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxia e o Reto Demográfico do Goberno de España, no ano 2020. Foi aprobado no primeiro trimestre de 2021, e executado dentro dos prazos estipulados para a súa correcta xustificación.

Cofinanciado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)

Scroll al inicio