O Concello de Mondariz, a través da convocatoria de subvencións para a redacción de proxectos de recuperación de espazos públicos e creación de sendas peonís e/ou ciclables nos concellos da Rede ágora, resultou beneficiario dunha subvencion por importe de 49.876,20 euros, por parte da Deputación Provincial de Pontevedra, para a redacción de catro proxectos de recuperación de espazos públicos.
As bases de convocatoria das subvencións foran publicadas no ano 2022, e as solicitudes – como catro expedientes independentes – foron presentadas no mes de xullo do mesmo ano.
Unha vez resolta favorablemente pola Deputación provincial, foron licitados os contratos e redactados os proxectos por catro técnicos diferentes.
Os proxectos redactados correspóndense ás seguintes actuacións:
- Proxecto de humanización da praza de Merouces, Concello de Mondariz, redactado polo arquitecto Luis Gil Pita, cun importe de 11.342 euros
- Proxecto de Acondicionamento da contorna da Igrexa de Sabaxáns e senda aos petroglifos de Pé da Mula, no Concello de Mondariz, por importe de 17.303 euros, redactado por Eduardo Cancela González
- Proxecto de nova praza pública no núcleo de O Couto, redactado pola arquitecta Cecilia López Muíños, por importe de 11.313,5 euros
- Proxecto de Acondicionamento do acceso á Ponte de Cernadela, por importe de 11.954,80 euros, a cargo de Muñiz mas Alfaya SLP
A Rede Ágora de concellos polo Espazo Público é unha iniciativa de acción institucional a favor de considerar e valorizar o espazo público como un dereito fundamental da cidadanía, e está integrada pol Deputación e 54 concellos da provincia.
O seu obxectivo é chegar a Xuño de 2023, conseguindo que os concellos pontevedreses incrementen de forma sustancial o espazo reservado ás persoas, itinerarios peatonais e ciclables cumprindo un decálogo básico, no que o espazo público é un dereito, as persoas son o primeiro, movilidade inclusiva e autonomía infantil, movilidades alternativas e espazos seguros, asi como hábitat saudable, espazos amables e de calidade, e Actividade económica de proximidade