Actualidade municipal

Material escolar

Publicada a resolución de axudas a familias para adquisición de material escolar no curso 2021-2022

No taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Mondariz foi publicada a Resolución de axudas a familias para adquisición de material escolar no curso 2021-2022 para consulta pública.

En total repartíronse 1.600 € entre 22 familias e 32 menores (alumnado de educación infantil, primaria e secundaria do CPI de Mondariz) para a adquisición de material escolar no curso 2021-2022, que comeza esta semana.

Segundo consta na propia resolución, as familias beneficiarias teñen a obriga de xustificar o gasto da axuda a través das facturas correspondentes antes do 30 de setembro de 2021 nas oficinas municipais dos Servizos Sociais de Mondariz.

Máis información

Comparte

Compartir en facebook
Facebook
Compartir en twitter
Twitter
Compartir en linkedin
LinkedIn
Compartir en email
Email
Compartir en whatsapp
WhatsApp
Compartir en telegram
Telegram